Ofertas Turismo Rural Casa Entremuros Turismo Rural Casa Entremuros en Facebook

Condicones de Uso

CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN

  1. O feito de encher e enviar este formulario supón unha solicitude de reserva para Casa Entremuros, situada en Cances Grande, 77 , Carballo en A Coruña, co código postal 15107, en ningún caso supón a realización efectiva da reserva.
  2. A reserva só será efectiva, cando, tras recibir a solicitude da mesma, a Dirección de de Casa Entremuros confirme ao cliente solicitante vía e-mail a disponibilidade do aloxamento escollido, nas datas elexidas.
  3. A Dirección de Casa Entremuros comprométese a contestar as solicitudes de reserva nun prazo máximo de 24 horas. Se a solicitude de reserva é confirmada pola dirección de Casa Entremuros, esta enviará ao cliente un cálculo detallado do custo da reserva solicitada. Para realizar reservas máis urxentes, por favor contactar co número (+34) 627 777 074 ou (+34) 677 434 690.
  4. Se o cliente non se presentara a ocupar o aloxamento reservado antes das 14:00 horas do día da data de entrada, sen previo aviso e negociación de condicións coa Dirección de Casa Entremuros, a reserva darase por cancelada, e polo tanto, a Dirección de Casa Entremuros disporá libremente do aloxamento en cuestión.