Ofertas Turismo Rural Casa Entremuros Turismo Rural Casa Entremuros en Facebook

Rutas

Ruta Camiño de Santiago a Fisterra

Ruta Camiño de Santiago a Fisterra

A diferencia das demais rutas xacobeas, esta non ten como destino a capital compostelana, senon que é precisamente a súa orixe.

O Camiño de Santiago a Fisterra, pasando por Muxía, é unha especie de epílogo dividido en catro etapas que os peregrinos se aventuran a emprender despois de visitar ao Apóstolo con ánimo de ver por eles mesmos o "fin da terra" e o seu entorno, lugares cheos de cultos ancestrais e máxicos que perduran ata os nosos días.

Ruta Camiño de Santiago a Fisterra [PDF] >>

Ruta Costa da Morte: Un territorio de contrastes

Ruta Costa da Morte

A Costa da Morte é un territorio de contrastes que descansa sobre un amplo macizo granítico que combina zonas baixas e chans, sobre todo no interior, con outras escarpadas na costa. A Costa da Morte está declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC) pola importancia dos ecosistemas marítimos e a biodiversidade da flora e a fauna existente. Este é un paraíso para os amantes dos ecosistemas e da ecoloxía. Empezaremos este percorrido polo seu extremo máis setentrional situado na vila mariñeira de Caión (A Laracha) continuando cara o mítico cabo Fisterra e dalí ata Carnota.

Ruta Costa da Morte [PDF] >>

Ruta dos Faros

Ruta dos Faros

Moitas son as lendas en torno aos faros e á ubicación destes.

Posiblemente teñen a súa orixe nos fachos que desde hai moito alumeaban os cumios dos montes próximos ao mar cunha dobre función: axuda na navegación polos escarpados e perigosos cantiles e como sinal de aviso ante a chegada de embarcacións extranxeiras.


Ruta dos Faros  [PDF] >>